mércores, 30 de abril de 2014

RATIÑ@S FACHENDODS@S



O pasado mércores celebramos na escola o día do libro, aínda que para nós tódolos días son días de escoitar contos na asemblea e de ler libros despois da merenda. Con todo, este día foi moi especial xa que viñeron uns actores e actrices moi agarimosos a contarnos un conto que aínda que coñecemos ben non nos cansamos de escoitar e moito menos de velo representado, "A Ratiña Fachendosa".

Estes vilatrasniñ@s portáronse moi ben, xa son un público experimentado e saben de sobra cómo comportarse ante contacontos, obras de teatro, actuaciós musicais…












Estes días na aula volvemos a escoitar o conto por petición popular e aproveitamos para converternos por un tempo nuns ratiñ@s fachendos@s







Ningún comentario:

Publicar un comentario