domingo, 27 de abril de 2014

ANIMACIÓN Á LECTURA

Como sabedes, pechamos o trimestre cunha saída á biblioteca FROXEL para escoitar  a unha contacontos,  quérovos animar a facer socios da biblioteca aos nenos e nenas, é moi importante crear gusto, interese e hábito de manexar e coidar os libros. 

O 23 de abril celebramos o DÍA DO LIBRO cunha visita moi especial. Os avós do centro A Baiuca visitáronnos para escenificar o conto A RATIÑA PRESUMIDA. Sempre é unha alegría a visita dos avós. 

Na aula andivemos a voltas co noso nome, comezamos un mini-proxecto sobre o nome.  Nome en plastilina, nome con distintos tipos de letras, nome con pinzas da roupa e a semana que entra, nome en puzzles. Teredes máis noticias sobre o libro dos nomes que estamos a facer porque viaxará polas casas de todos.

Por outro lado, aprendemos algunhas cousas sobre as medusas, dentro do programa Voz Natura, fixemos 3 con plástico de burbullas e aprendimos a debuxalas. Esta semana remataremos de pintalas.







Ningún comentario:

Publicar un comentario