mércores, 30 de abril de 2014

RATIÑ@S FACHENDODS@S



O pasado mércores celebramos na escola o día do libro, aínda que para nós tódolos días son días de escoitar contos na asemblea e de ler libros despois da merenda. Con todo, este día foi moi especial xa que viñeron uns actores e actrices moi agarimosos a contarnos un conto que aínda que coñecemos ben non nos cansamos de escoitar e moito menos de velo representado, "A Ratiña Fachendosa".

Estes vilatrasniñ@s portáronse moi ben, xa son un público experimentado e saben de sobra cómo comportarse ante contacontos, obras de teatro, actuaciós musicais…












Estes días na aula volvemos a escoitar o conto por petición popular e aproveitamos para converternos por un tempo nuns ratiñ@s fachendos@s







domingo, 27 de abril de 2014

ANIMACIÓN Á LECTURA

Como sabedes, pechamos o trimestre cunha saída á biblioteca FROXEL para escoitar  a unha contacontos,  quérovos animar a facer socios da biblioteca aos nenos e nenas, é moi importante crear gusto, interese e hábito de manexar e coidar os libros. 

O 23 de abril celebramos o DÍA DO LIBRO cunha visita moi especial. Os avós do centro A Baiuca visitáronnos para escenificar o conto A RATIÑA PRESUMIDA. Sempre é unha alegría a visita dos avós. 

Na aula andivemos a voltas co noso nome, comezamos un mini-proxecto sobre o nome.  Nome en plastilina, nome con distintos tipos de letras, nome con pinzas da roupa e a semana que entra, nome en puzzles. Teredes máis noticias sobre o libro dos nomes que estamos a facer porque viaxará polas casas de todos.

Por outro lado, aprendemos algunhas cousas sobre as medusas, dentro do programa Voz Natura, fixemos 3 con plástico de burbullas e aprendimos a debuxalas. Esta semana remataremos de pintalas.







luns, 21 de abril de 2014

CUMPLETRIMESTRE



PARABÉNS A TODOS OS NENOS E NENAS DE VILATRASNA QUE CUMPLISTES ANOS DURANTE O SEGUNDO TRIMESTRE DO CURSO. UN BIQUIÑO DAS PROFES! 

ASI O CELEBRAMOS:



xoves, 10 de abril de 2014

¿QUÉ HAI NO MAR CALAMAR?






¿QUÉ HAI NO MAR CALAMAR?...Así titúlase o conto que fixemos estes días, con moito traballo e esforzo, de xeito cooperativo e que está integrado no proxecto de Voz Natura. Coa realización deste libro traballamos globalizadadamente a lectoescritura, o coñecemento da contorna natural, coidado e respecto polo medioambiente, o debuxo...

O PROCESO DE REALIZACIÓN DO CONTO:



Facendo o fondo do mar...




Facendo os distintos animais marinos...






Experimentando ca area do mar...


Os autores e autoras do conto escribindo os seus nomes...





AQUÍ TEDES UNHA PEQUENA MOSTRA DO RESULTADO, O CONTO NA SÚA TOTALIDADE O VEREDES Á VOLTA DA SEMANA SANTA QUE O LEVARÁN A CASA POR TURNOS.










...
¡Disfrutade destes días de descanso e da compañía dos vosos trasniñ@s!





mércores, 9 de abril de 2014

ATA SEMPRE IONUT

Botarémoste de menos amiguiño rebuldeiro, pero que todos os cambios sexan para mellor.
Un biquiño de todos e todas.