Estamos a piques de rematar a temática do corpo, esta fin de semana levan na bolsa do libro de préstamo, un pequeno libriño, para quedar na casa, sobre parte do aprendido na aula.
O teatro é unha expresión que ten como base o corpo, reproducimos movementos, transmitimos emocións creando un ambiente máxico. Na aula temos uns títeres de man do conto de CARAPUCHIÑA VERMELLA, gracias a eles puidémonos convertir na carapuchiña, no lobo, na avoína ou no leñador!
demos renda solta á escenificación espontánea, recoñecendo emocións, traballando actitudes e fomentando vínculos de traballo en equipo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario