martes, 4 de febreiro de 2014

BÓTALLE UNHA MAN Á PAZ


A semana pasada celebramos na escola o día da PAZ, aos nenos e nenas de 3 anos non  nos sonaba moito iso da PAZ pero, se había festa, algo bo tiña que ser..

Comparamos a PAZ con estar tranquilos, coa suavidade dunha pluma, dunha caricia, dun baile  entre dous e con portarse ben.

Introducimos a pomba como simboloxía de PAZ e limos un libro de ideas de PAZ feito polos nenos na escola.

A festa consistíu en traballar en 3 talleres diferentes con nenos e nenas das outras clases, fomentando a convivencia e responsabilide entre todos eles.  Tedes máis detalle de como o fixemos no blogue: bibliorrodis


Aquí vos deixo un vídeo de todo o proceso.


    O lema do noso mural foi:

            CON TODO O CORAZÓN, BÓTALLE UNHA MAN Á PAZ!
                                    A TÚA PEZA CONTA!

Ningún comentario:

Publicar un comentario