martes, 25 de febreiro de 2014

¡UN AGASALLO XENIAL!



Queremos agradecerlle á familia de Jesús, un trasniño de tres anos, que donara á escola un equipo informático que instalamos na aula de catro anos, xa que precisábamos un. Non sabedes a ilusión que lles fixo e o ben que respetan as quendas. Daremos boa conta de este agasallo, GRAZAS!







luns, 24 de febreiro de 2014

SEMENTAR SEMENTAREI





A semana pasada lanzámonos á aventura de sementar cenorias, veremos se temos sorte e se nos da ben a colleita para compartir coas familias.



Música do vídeo: Tic Tac de Pablo Díaz. Moi recomendable.

luns, 17 de febreiro de 2014

A FAMILIA TREBÓN NO ENTROIDO

Xa andamos todos/as a pensar no Entroido, aquí vos deixamos un video que reflexa o espíritu do

Entroido de Vilatrasna. Pinchade no enlace:


A familia Trebón volve para celebrar o Entroido!

venres, 14 de febreiro de 2014

TÍTERE TEATRO

Estamos a piques de rematar a temática do corpo, esta fin de semana levan na bolsa do libro de préstamo, un pequeno libriño, para quedar na casa,  sobre parte  do aprendido  na aula.

O teatro é unha expresión  que ten como  base o corpo, reproducimos movementos, transmitimos emocións creando un ambiente  máxico. Na aula temos uns títeres de man do conto de CARAPUCHIÑA VERMELLA, gracias a eles puidémonos convertir na carapuchiña, no lobo, na avoína ou no leñador!
demos renda solta á escenificación espontánea, recoñecendo emocións, traballando actitudes e fomentando vínculos de traballo en equipo.

UN UNIVERSO DENTRO DE MIN

Cantas cousas aprendemos con Isa acerca do noso corpo, qué grandes, maravillosos e perfectos somos!

Nesta apaixonante aprendizaxe acompañáronnos os libros, moitos libros, algúns da nosa biblioteca e outros da biblioteca municipal dos Rosais. 










 
 

Aprendimos que algún día fomos bebés, e xogamos ás adiviñas a ver de quen era cada foto, este xogo moito nos gustou.




 Experimentamos co tacto e co gusto.


 















 Aprendimos os nomes dalgúns ósos e onde se localizan











Sentimos os latidos do noso corazón e do corazón dos amiguiños










Observamos radiografías pra ver como somos por dentro




Con Bety, no taller de matemáticas traballamos as  medidas e... ¡Fixemos un medidor coa palma da nosa man!
























                                             ¡¡¡Isto é todo amiguñ@s!!!