En Vilatrasna gústanos aprender as emocións, isto axúdanos a coñecernos mellor a nós mesmos e a fixarnos nas nosas reaccións e mesmo poñerlles nome; tristeza, alegría, ira, medo...saber xestionar estas emocións e saber comprendelas e recoñecelas nos demáis axudaranos a ser felices e a facer felices ás personas que temos cerca.
Este é un traballo a longo prazo que iniciamos xa no primeiro trimestre cando tratamos o medo.
Todo comezou a raíz de escoitar o conto de "O Papón", un personaxe tan lambón que mesmo anda a comer a xente. O personaxe do Papón e a música do conto produciulles medo. Con este caldo de cultivo comezamos o traballo.
En primeiro lugar iniciamos un diálogo filosófico no que coas pequenas aportacións de cada un de elas e eles definimos o medo, falaron do que senten cando teñen medo e das cousas que lles producen medo. Era preciso plasmar estas conclusións nun mural colectivo no que debuxaron entre outras cousas avespas, monstruos do pasillo, vampiros, pantasmas, cabazas...
Despóis disto puxémoslle cara ao medo que sen dúbida foi o máis difícil pois en lugar de expresar que tiñan medo poñían cara de cousas que dan medo, pero ao final conseguímolo.
Seguindo esta mesma metodoloxía e xa neste segundo trimestre comezamos a traballar nunha nova emoción; o amor. Eleximos esta emoción por estarmos tan preto do día da paz.
Algunhas das aportacións que fixeron os trasniñ@s acerca do amor no diálogo filosófico foron:
-Amor é curarlle as feridas ás personas que están sangrando.
-Acariciar, dar apertas, cuidar.
-Axudar a colgar algo cando non lle chegan.
-Non arrancar follas de árboles e prantas.
-Xogar cun amigo.
-Dar bicos e cariño, dar mimos.
-Ensinar cousas e dar debuxos.
-Dar agasallos e xogar ao pádel...
Como recolpilación da información nesta ocasión en lugar de facer un mural fixemos outro tipo de exposición para poder relacionala co corpo (que é a unidade didáctica que estamos traballando) cada neno e nena debuxou a súa cara, por turnos foron saíndo ao centro da asamblea e os seus compañeiros e compañeiras lles dicían cousas boas. Xa teñen un bo manexo da linguaxe e o que é máis importante, levamos dous anos xuntos e xa compartimos moitas experiencias, o que nos permite coñecer as nosas virtudes, somos unha pequena familia. O resultado deste traballo quedou plasmado no corredor da escola.
Por último lle puexemos rostro e expresión ao amor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario