mércores, 22 de xaneiro de 2014

CORPO, TEMPO E TECNOLOXÍA

Comezamos o trimestre con moita ilusión abrindo os regalos dos Reis Magos, trouxéronnos dous bonecos espidiños de todo! un neno e unha nena, un moi branquiño e a outra moi moreniña! así foi como comezamos a falar do corpo: as partes que vemos (cabeza, brazos, mans, pernas, pes..) e as que non vemos (corazón, pulmóns, vexiga, estómago..)
Fixemos experimentos para escoitar o latexo do noso corazón, correndo moito e tumbándonos a sentilo coa man no peito, probamos a deixar de respirar a ver se podíamos vivir sen aire, comprobamos que temos distinto tipo de pelo e distinto cor de pel; que uns somos máis altos e outros máis baixos. 
Sabiamos que nalgún momento do pasado fomos bebés, polo que non tiñamos dentes, non íamos sós ao baño como agora, tomabamos biberón ou papilla e non sabiamos falar, só chorar.. a dúbida veu cando  se plantexou a cuestión se os papás e mamás foran algunha vez nenos e nenas.. a maioría pensaban que non, que sempre foron como son... gracias familias polas vosas fotos tan esclarecedoras, os papás e mamás tamén foron nenos e nenas algunha vez.. O tempo é un concepto moi difícil de entender en EI, demasiado abstracto, mediante esta actividade tentamos facelo concreto.

Hoxe andivemos a voltas co embigo.. para qué serve ese botonciño que temos no medio da barriga?

Para todas estas investigacións contamos con información que sacamos da exposición de libros sobre o corpo humano situada no corredor da escola, cortesía da biblioteca da escola; a maiores tamén temos libros procedentes de bibliotecas municipais.
Tamén introducimos a TABLET na aula.

Traballamos coa aplicación Dr Panda na súa versión gratuita, por se aquelas  familias que tedes tablet   queredes baixala para tratala na casa. Trátase dun hospital veterinario onde os nenos/as  curan aos enfermos; mediante ela aprendemos vocabulario relacionado co mundo do hospital e do corpo, actitudes relacionadas coa hixiene como lavar os dentes, recoller a basura.. na aula tamén nos vale para aprender a compartir e a esperar turno.
Deixovos aquí un vídeo coa música de Magín Blanco en A nena e o grilo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario