mércores, 29 de xaneiro de 2014

O NOSO MAR




No conto “Onde viven os monstruos”, o seu protagonista Max,  vai navegando nun barco ata o país dos monstruos. A partir desa historia comezamos a maxinar, animados por Beti, un mar feito por nós mesmos, con barcos, pescadores e un montón de peixes.

O barco de Max era de vela, desos que cando sopra un vento forte, navegan ata moi lonxe!!! , e así sería o noso barco “particular”. Para elo precisamos un par de velas (unha grande, e outra pequena), un casco e un pau que aguantara da vela,  que virían dun círculo, dous triángulos e un rectángulo.

Pintamos o mar, aproveitando unha base de porespan dun ambalaxe e logo con plastiliña fixemos os pescadores e os peixes. Os pescadores eran mamá, papá, avós ou nós mesmos,..como nos divertimos falando desto, do tipo de pelo que lles queríamos poñer e facendo as cañas con pauciños e tanzas. Esperamos que vos gusten!! 






mércores, 22 de xaneiro de 2014

CORPO, TEMPO E TECNOLOXÍA

Comezamos o trimestre con moita ilusión abrindo os regalos dos Reis Magos, trouxéronnos dous bonecos espidiños de todo! un neno e unha nena, un moi branquiño e a outra moi moreniña! así foi como comezamos a falar do corpo: as partes que vemos (cabeza, brazos, mans, pernas, pes..) e as que non vemos (corazón, pulmóns, vexiga, estómago..)
Fixemos experimentos para escoitar o latexo do noso corazón, correndo moito e tumbándonos a sentilo coa man no peito, probamos a deixar de respirar a ver se podíamos vivir sen aire, comprobamos que temos distinto tipo de pelo e distinto cor de pel; que uns somos máis altos e outros máis baixos. 
Sabiamos que nalgún momento do pasado fomos bebés, polo que non tiñamos dentes, non íamos sós ao baño como agora, tomabamos biberón ou papilla e non sabiamos falar, só chorar.. a dúbida veu cando  se plantexou a cuestión se os papás e mamás foran algunha vez nenos e nenas.. a maioría pensaban que non, que sempre foron como son... gracias familias polas vosas fotos tan esclarecedoras, os papás e mamás tamén foron nenos e nenas algunha vez.. O tempo é un concepto moi difícil de entender en EI, demasiado abstracto, mediante esta actividade tentamos facelo concreto.

Hoxe andivemos a voltas co embigo.. para qué serve ese botonciño que temos no medio da barriga?

Para todas estas investigacións contamos con información que sacamos da exposición de libros sobre o corpo humano situada no corredor da escola, cortesía da biblioteca da escola; a maiores tamén temos libros procedentes de bibliotecas municipais.
Tamén introducimos a TABLET na aula.

Traballamos coa aplicación Dr Panda na súa versión gratuita, por se aquelas  familias que tedes tablet   queredes baixala para tratala na casa. Trátase dun hospital veterinario onde os nenos/as  curan aos enfermos; mediante ela aprendemos vocabulario relacionado co mundo do hospital e do corpo, actitudes relacionadas coa hixiene como lavar os dentes, recoller a basura.. na aula tamén nos vale para aprender a compartir e a esperar turno.
Deixovos aquí un vídeo coa música de Magín Blanco en A nena e o grilo.



martes, 21 de xaneiro de 2014

¡UNHA APRENDIZAXE EMOCIONANTE!

En Vilatrasna gústanos aprender as emocións, isto axúdanos a coñecernos mellor a nós mesmos e a fixarnos nas nosas reaccións e mesmo poñerlles nome; tristeza, alegría, ira, medo...saber xestionar estas emocións e saber comprendelas e recoñecelas nos demáis axudaranos a ser felices e a facer felices ás personas que temos cerca.

Este é un traballo a longo prazo que iniciamos xa no primeiro trimestre cando tratamos o medo.

Todo comezou a raíz de escoitar o conto de "O Papón", un personaxe tan lambón que mesmo anda a comer a xente. O personaxe do Papón e a música do conto produciulles medo. Con este caldo de cultivo comezamos o traballo. 

En primeiro lugar iniciamos un diálogo filosófico no que coas pequenas aportacións de cada un de elas e eles definimos o medo, falaron do que senten cando teñen medo e das cousas que lles producen medo. Era preciso plasmar estas conclusións nun mural colectivo no que debuxaron entre outras cousas avespas, monstruos do pasillo, vampiros, pantasmas, cabazas...



Despóis disto puxémoslle cara ao medo que sen dúbida foi o máis difícil pois en lugar de expresar que tiñan medo poñían cara de cousas que dan medo, pero ao final conseguímolo.















 Seguindo esta mesma metodoloxía e xa neste segundo trimestre comezamos a traballar nunha nova emoción; o amor. Eleximos esta emoción por estarmos tan preto do día da paz.

Algunhas das aportacións que fixeron os trasniñ@s acerca do amor no diálogo filosófico foron:

-Amor é curarlle as feridas ás personas que están sangrando.
-Acariciar, dar apertas, cuidar.
-Axudar a colgar algo cando non lle chegan.
-Non arrancar follas de árboles e prantas.
-Xogar cun amigo.
-Dar bicos e cariño, dar mimos.
-Ensinar cousas e dar debuxos.
-Dar agasallos e xogar ao pádel...



Como recolpilación da información nesta ocasión en lugar de facer un mural fixemos outro tipo de exposición para poder relacionala co corpo (que é a unidade didáctica que estamos traballando) cada neno e nena debuxou a súa cara, por turnos foron saíndo ao centro da asamblea e os seus compañeiros e compañeiras lles dicían cousas boas. Xa teñen un bo manexo da linguaxe e o que é máis importante, levamos dous anos xuntos e xa compartimos moitas experiencias, o que nos permite coñecer as nosas virtudes, somos unha pequena familia. O resultado deste traballo quedou plasmado no corredor da escola.






Por último lle puexemos rostro e expresión ao amor.














martes, 7 de xaneiro de 2014

ANIVERSARIOS DO PRIMEIRO TRIMESTRE














CADA AULA ESTIVO DE FESTA CELEBRANDO OS ANIVERSARIOS DOS NENOS E NENAS NACIDOS NOS MESES DE SETEMBRO, OUTUBRO, NOVEMBRO E DECEMBRO.

PARABÉNS PARA TODOS!