O pasado venres contamos coa visida de Jose, papá de Jesús. Traballa de enxeneiro para unha multinacional e desenvolve o seu traballo nalgúns hospitais como o Materno da Coruña. Conectou cos nenos/as falándolles sobre as doenzas, os hospitais, a importancia do traballo en equipo... fixéronlle moitas preguntas e explicoulles que o seu traballo consiste en averiguar e correxir os fallos dalgunhas máquinas do hospital para que funcionen correctamente. Visualizamos dous vídeos que ilustraban o que nos comentaba e puidemos xogar a traballar nun laboratorio, poñendo luvas para protexernos de contaxios.
Moitas gracias Jose!
Ningún comentario:
Publicar un comentario