xoves, 25 de febreiro de 2016

COROAS PARA PRÍNCIPES E PRINCESAS

Cando falamos de príncipes e princesas na clase, facémolo dende unha perspectiva crítica. 
Os contos tradicionais que nos acompañaron a todos/as desde pequenas nos transmiten tenrura e seguramente, bos recordos da nosa infancia. 

Pero pensando nos valores que están a transmitir, observamos que sempre as princesas teñen que ser salvadas, que sempre ven un príncipe a facelas felices, e sempre pasan tempo esperando que pase algo, non soen ter moita iniciativa no devir da súa vida... así as cousas... xa non nos gusta tanto ser princesas... porque é mais divertido facer cousas interesantes...

Neste sentido de cousas interesantes, traballamos mediante contos e mediante a búsqueda de información en internet a vida de Frida Kahlo, como unha muller loitadora que pese a enfermidade e accidentes, fixo o que máis lle gustaba: pintar.

Sin perder a perspectiva de Voz Natura,  construímos unhas coroas cos cartóns de papel hixiénico que nos  achegastes.
 Para príncipes, estes tres lozanos que saen na foto!



1 comentario:

  1. Qué traballo tan interesante Mada, noraboa!

    E moi guapos estes princesos!

    ResponderEliminar