Este mércores comezamos as visitas familiares para explicarnos os oficios ou profesións.
Comezamos con Yolanda que nos veu a falar sobre as amas de casa, ou amos de casa, que tamén hai.
Primeiro estivemos atentos a dicir as labores que facía na casa e despois axudamos a facer algunhas delas como doblar a roupa ou limpar o po.
Moitas grazas por acompañarnos Yolanda.
xoves, 25 de febreiro de 2016
CAIXA DAS LETRAS FUNCIONANDO A TOPE
Como se vai notando que o curso vai polo segundo trimeste, cando antes parecía lonxano iso de ler e escribir palabras, sin copiar, agora xa non é tan difícil.. incluso nos atrevemos con palabras xigantes que motiva Raquel no taller de Linguaxe, xa temos todas as letras! podemos formar calquera palabra! comezamos! A ortografía... mmm... para máis adiante.. :)
DÍA DE ROSALÍA 24 DE FEBREIRO
CANTA PAXARÍÑO ALEGRE,
CANTA!
CANTA PORQUE O MILLO MEDRE,
CANTA!
CANTA PORQUE QUE A LUZ TE ESCOITE,
CANTA!
CANTA QUE FUXEU A NOITE.
Seguindo a perspectiva de mulleres con vidas intesantes, onte falamos de Rosalía de Castro e aprendimos esta estrofa de "Alborada" de Cantares gallegos.
Debuxamos libremente o paxariño na postal escribimos por detrás a quen lla íamos a regalar.
Esta iniciativa debémoslla á asociación de escritoras e escritores en lingua galega.
COROAS PARA PRÍNCIPES E PRINCESAS
Cando falamos de príncipes e princesas na clase, facémolo dende unha perspectiva crítica.
Os contos tradicionais que nos acompañaron a todos/as desde pequenas nos transmiten tenrura e seguramente, bos recordos da nosa infancia.
Pero pensando nos valores que están a transmitir, observamos que sempre as princesas teñen que ser salvadas, que sempre ven un príncipe a facelas felices, e sempre pasan tempo esperando que pase algo, non soen ter moita iniciativa no devir da súa vida... así as cousas... xa non nos gusta tanto ser princesas... porque é mais divertido facer cousas interesantes...
Neste sentido de cousas interesantes, traballamos mediante contos e mediante a búsqueda de información en internet a vida de Frida Kahlo, como unha muller loitadora que pese a enfermidade e accidentes, fixo o que máis lle gustaba: pintar.
Sin perder a perspectiva de Voz Natura, construímos unhas coroas cos cartóns de papel hixiénico que nos achegastes.
Para príncipes, estes tres lozanos que saen na foto!
DEIXANDO FLUÍR A CREATIVIDADE
Cada vez xurden mais estudos sobre a importancia de potenciar a creatividade nas escolas. A creatividade constitúe unha cualidade que empeza a ser tremendamente demandada no mundo laboral actual e con perspectivas de manterse no futuro.
Tradicionalmente a escola se encargaba de transmitir coñecementos; actualmente a escola enfréntase a novos retos de renovación, non só chega con transmitir, hai que manter e potenciar a creatividade infantil, para que sexan capaces de imaxinar, inventar, crear na sociedade que lles tocará vivir.
Para empezar a saber máis deste tema, o educador Ken Robinson proporciona unha visión distinta e interesante da escola.
Neste sentido vimos desenvolvendo algunhas actividades libres que inciten a "crear diferente", e valorar esa diferencia.
_ Pintamos con pompas de xabrón, e construímos un collaxe libremente.
_Traballamos algúns retratos de Picasso empregando cores cálidas e frías.
Tradicionalmente a escola se encargaba de transmitir coñecementos; actualmente a escola enfréntase a novos retos de renovación, non só chega con transmitir, hai que manter e potenciar a creatividade infantil, para que sexan capaces de imaxinar, inventar, crear na sociedade que lles tocará vivir.
Para empezar a saber máis deste tema, o educador Ken Robinson proporciona unha visión distinta e interesante da escola.
Neste sentido vimos desenvolvendo algunhas actividades libres que inciten a "crear diferente", e valorar esa diferencia.
_ Pintamos con pompas de xabrón, e construímos un collaxe libremente.
_Traballamos algúns retratos de Picasso empregando cores cálidas e frías.
venres, 19 de febreiro de 2016
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
O PRÓXIMO MARTES DÍA 23, ÁS 16:00 CELEBRARASE NA ESCOLA UNHA XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN.
AGRADECEMOS A DIFUSIÓN PARA QUE POIDA CHEGAR A FAMILIAS INTERESADAS.
GRACIAS!
http://www.arteixo.org/index.html/?q=node/7204
luns, 15 de febreiro de 2016
INVENTANDO XERIONS
Temos a Torre de Hércules na entrada da escola,…
falamos da lenda tradicional que conta o paso de Hércules por Galicia e o seu enfrentamento con Xerión:
“Cóntase que esta torre construiuse para que servira de lembranza da victoria de Hércules e para alumear aos navegantes”
A partir deste relato, cada un/unha de nós construiu o seu propio Xerión....porque , como sabedes, gústanos moito xogar cos Monstros. Para facelo empregamos o xogo do DADO MÁXICO:
Antes de nada escollemos a forma que queremos que teña o seu corpo, poder ser: CADRADO, CÍRCULO, ÓVALO; formas xeométricas todas elas coñecidas por nós.
Tiramos o dado e segundo o número que sae debuxamos:
1º Número de ollos
2º Nº de bocas
3º Nº de narices
4º Nº de beizos
5º Nº de pernas
6º Nº de orellas
Ao remate facemos o pelo:
Se sae entre 1 e 2 , debuxaremos pouco pelo.
3 e 4, unha cantidade normal.
5 e 6, moito pelo.
Rematamos poñéndolle un nome, decorándoo e cooreándolle algunhas partes,…e xa temos o noso XERIÓN particular.
Para rematar, fixemos un Xerión maior entre todos…
Están na entrada da escola...que vos gusten!!
Beti
xoves, 11 de febreiro de 2016
luns, 1 de febreiro de 2016
Celebración do día da Paz e da non violencia
Neste vídeo sobre a celebración do Día da Paz poderedes apreciar o ben que o pasamos grandes e pequenos!
A celebración comezou con unha xuntanza na biblioteca da escola, houbo interpretacións, algunha poesía, contacontos, e unha cantiga conxunta que preparamos nas clases (Toc, Toc de Pablo Díaz). A continuación, en psicomotricidade, xogamos ás cadeiras cooperativas, e preparamos flocos de millo para todos/as. A mañá voou entre risas e apertas varias.
DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA
Con motivo da celebración do Día da Paz, na aula de A.L. estivemos traballando a partir do conto "Dos monstruos". Trátase da historia de dous monstros que viven en caras opostas dunha montaña e non se poñen de acordo en si o día remata ou a noite comeza. Os monstros insúltanse e lanzan rocas desfacendo a montaña. Ao desaparecer a montaña que os separa poden darse conta que ambos tiñan razón e fan as paces.
Esta historia nos servíu de motivación para realizar diversas actividades:
Esta historia nos servíu de motivación para realizar diversas actividades:
- Escoitar o conto e reflexionar sobre el.
- Elaborar o noso propio conto, escribindo o texto.
- Dramatizar a historia para representala o Día da Paz.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)