Hoxe Noa Peteiro trouxo de visita á súa nai que nos contou o conto titulado ¡A dormir monstruos!
Despois de escoitar atentamente o conto na biblioteca regresamos á nosa aula e practicamos a dicir ben a palabra MONSTRUO en castelán e MONSTRO en galego. Escribímola na pizarra e a continuación cada neno e nena debuxou o seu monstro. Esta actividade fomenta a imaxinación e a creatividade, todo está permitido e todo é correcto, cada quen idea o seu monstro sen regras nen restricións.
Unha vez rematados os debuxos reunímonos na asamblea e por quendas subidos nun taburete foron mostrando os seus monstros. Habíaos de tódolos xeitos; grandes, pequenos, con dez brazos ou tres cabezas... Tamén tiñan que dicir o seu nome (Comecerebros, Koke, Susto...) e o que lles gusta facer e comer. Despois as compañeiras e compañeiros facían preguntas. Tiñan moita curiosidade por saber a qué xogaban os monstros e tamén se tiñan mozo ou moza e se ían á escola.
Con esta actividade traballamos a expresión oral, e a valorar e respectar o traballo dos demais. Mostrar o seu monstro resultoulles moi motivador e mesmo algúns trasniños máis tímidos soltáronse a falar sen vergoña da súa creación.
Para rematar cantámoslle a Rocío a canción Piratas de Pablo Díaz. A Rocío encantoulle xa que non puido vir ao concerto.
¡¡MOITAS GRAZAS ROCÍO!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario