sábado, 21 de xuño de 2014

BO VERÁN



Adicamos esta última semana  a fomentar a alimentación saudable, tanto con brochetas de froitas como elaborando unha ensalada coas leitugas da horta que plantamos. Os ingredientes foron: leituga, piña, melocotón, tomate cherri, e taquiños de queixo! 

O bo tempo permitiunos merendar fóra á sombra das árbores e ler alí un conto escoitando os paxaros cantar, todo un luxo! 

Pasade moi bo verán! 

Vémonos á volta.

Mada.

venres, 20 de xuño de 2014

FRESC@OS COMO LEITUGAS

Qué mellor xeito de despedirnos o último día que facer unha merenda todos xuntos, e se esa merenda  é saludable moito mellor!

A merenda consistiu nunha rica ensalada, na cal, o ingrediente fundamental, a leituga era unha das nosas leitugas da horta.

Ademais diso botámoslle tomate, queixo, atún piña, aceite e limón.  















¡ATA PRONTO!

Queridas familias:

Rematou o curso e por diante quédanos un longo verán que espero que gocedes moito. 

Neste curso 2013-2014 traballamos duro e aprendemos moitísimas cousas e o vindeiro curso seremos os maiores da escola!

Moitas grazas por todo.

¡FELIZ VERÁN!






mércores, 18 de xuño de 2014

MATES NA AULA DE TRES ANOS

Durante o curso xogamos con cantidades, pesos, figuras, números... 
Deste xeito,  instauramos conceptos de lóxica-matemática básicos para o futuro.
Clasificamos por cores, tamaños, formas, cantidade...
Dividimos rosquillas, filloas no entroido partindo e repartindo ata ter para todos.
Facemos votacións para elexir xogos enumerando os integrantes de cada elección ...
Xogos con cartas, con bolos, con dados con números e puntos, con regletas, con dominós..
Seriación con dous elementos empregando tapóns de brick..

Todo para incidir en aspectos básicos da construcción do número: clasificación, seriación, enumeración e inclusión.

Que divertido resultou xogar ás mates!!





martes, 17 de xuño de 2014

VISITA DE ALUMNADO DO CEIP GALÁN


Hoxe foi un día intenso en Vilatrasna!
Recibimos a visita de nenos e nenas de primaria do CEIP GALÁN que nos cantaron, nos contaron, e nos escenificaron ! que marabilla poder velos para tomar recortes para as nosas actuacións.
Ademais celebramos o aniversario dos nenos e nenas que cumplen durante o terceiro trimestre e verán.
PARABÉNS a:  JACOBO, NOEMÍ, SOFÍA E AITOR SILVA !

¡¡CUMPLEAÑEANDO!!



                          ¡¡¡ PARABÉNS TRASNIÑ@S E QUE CUMPLADES MOITOS MÁIS!!!



















domingo, 15 de xuño de 2014

PROXECTO SOBRE OS NOMES


Moito do traballo deste trimestre versou sobre os NOMES de cada un de nós na clase.
Diferencias, similitudes, sílabas en forma de palmadas, puzzles, agrupacións, discriminación auditiva e visual... Finalmente, concluimos o noso gran libro dos nomes, á volta de verán irá polas casas para que poidades reforzar con eles o traballo realizado.






xoves, 5 de xuño de 2014

TEMOS UN SEGREDO


Neste terceiro trimestre seguimos progresando na aprendizaxe das emocións, aprendemos a identificalas, a recoñecelas e neste caso (o enfado)  a controlalas.



Apoiámonos, como moitas veces, nun conto. “O segredo de Flora”, Flora ten un segredo fantástico, e é que aprendeu unhas palabras máxicas que a axudan a non sentir enfados nin ganas de pegar. O segredo de Flora consiste en atopar un modo de combater a violencia, explicando así aos nenos e nenas que é intolerable en todas as súas manifestacións.









Despois de escoitar o conto e falar sobre o tema aprendemos as palabras máxicas de Flora en forma de canción para que nos fora máis fácil de memorizar.



UN DOUS TRES,

O ENFADO POLAS MANS,



UN DOUS TRES,

O ENFADO POLOS PES,





UN DOUS TRES,

O ENFADO XA SE VAI,





UN DOUS TRES,

O ENFADO XA O BOTEI.



¡Podédelas cantar tamén vós cando vos enfadedes! ;)