Oto e Carmiña trouxéronnos á escola un conto
titulado “A urna dos desexos”. A protagonista é Clara, unha nena á cal os seus
pais lle puxeron ese nome en honor a Clara Campoamor unha muller moi valente
que conseguiu que por primeira vez as mulleres do noso país puidesen votar. Neste
conto Clara aprende e nos explica o que son as eleccións e cómo as persoas
poden decidir quén vai gobernar metendo un papeliño nunha urna.
Despois de escoitar o conto decidimos facer unhas eleccións á presidencia na nosa clase.
Os candidatos e candidatas que se quixeron presentar foron: Xoel, Alba, Alberto, Yaiza, Brais, Hugo, Angel Álvarez, Noa Vara, Noa Peteiro, Uxía, Iker e Gael. Algunhas das súas promesas electorais foron arranxar as cortinas, por cadros na aula, axudar a quen o necesite…
O presidente elixido polos seus compañeiros e
compañeiras foi ALBERTO!
ESCOITANDO O CONTO |
OS CANDIDAT@S FAN AS SÚAS ALEGACIÓNS |
ESCRIBINDO O NOME DO ELEXID@ |
VOTANDO |
Ningún comentario:
Publicar un comentario