luns, 26 de maio de 2014

ELECCIÓNS Á PRESIDENCIA EN 4 ANOS.



Oto e Carmiña trouxéronnos á escola un conto titulado “A urna dos desexos”. A protagonista é Clara, unha nena á cal os seus pais lle puxeron ese nome en honor a Clara Campoamor unha muller moi valente que conseguiu que por primeira vez as mulleres do noso país puidesen votar. Neste conto Clara aprende e nos explica o que son as eleccións e cómo as persoas poden decidir quén vai gobernar metendo un papeliño nunha urna.


Despois de escoitar o conto decidimos facer unhas eleccións á presidencia na nosa clase.


Os candidatos e candidatas que se quixeron presentar foron: Xoel, Alba, Alberto, Yaiza, Brais, Hugo, Angel Álvarez, Noa Vara, Noa Peteiro, Uxía, Iker e Gael. Algunhas das súas promesas electorais foron arranxar as cortinas, por cadros na aula, axudar a quen o necesite…


O presidente elixido polos seus compañeiros e compañeiras foi ALBERTO!


ESCOITANDO O CONTO

OS CANDIDAT@S FAN AS SÚAS ALEGACIÓNS

ESCRIBINDO O NOME DO ELEXID@

 
VOTANDO

¡GAÑOU O NOSO PRESIDENTE ALBERTO!

martes, 20 de maio de 2014

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Fixemos un festival polo Día das Letras Galegas no cal os vilatrasniñ@s de catro anos contaron o seu conto "¿Qué hai no mar calamar?".











Ademais disto escoitaron moi atentos as obras de teatro dos seus compañeiros e compañeiras de tres e de cinco anos.

GRANXEIR@S POR UN DÍA...

O pasado mércores foi pra nós un día ben especial xa que visitamos unha granxa escola onde entre outras cousas merendamos tódolos nenos e nenas da escola xuntos, montamos nun poni, fixemos pan, prantamos sementes e vimos algúns animais como pavos, cabras, burros...
despois de tantas experiencias chegamos a casa ben cansos!

















domingo, 18 de maio de 2014

LETRAS GALEGAS 2014

O pasado venres celebramos o día das Letras Galegas, interpretamos para todos os nenos e nenas da escola o conto da Ratiña Presumida. Ensaiamos durante  a semana e finalmente conseguimos grandes aplausos do públio xenial que nos acompañaba. Bravo rapaces!  Aquí quedan algunhas fotos do ensaio final e da actuación real. 
Esta semana tamén estivemos vendo os libros en galego que cada un trouxo, durante esta próxima semana seguiremos traballando con eles e voltarán o venres 23 para a casa co libro do préstamo. Gracias polas achegas familias!



A ratiña limpando a casa

O ratiño falando coa ratiña

O público moi atento

Os cans miran o guapa que está a ratiña




VISITA Á GRANXA ESCOLA BELELLE



O pasado mércores 14 visitamos a Granxa Escola Belelle en Neda, durante o  percorrido en bus pasámolo xenial cos túneles que  íamos atopando, unha vez alí merendamos e por grupos fomos visitando as seguintes estacións: EQUITACIÓN CON PONIS e visita de mamíferos (cabra, ovella, cabalo, llama, porco, burro...), PANADERÍA onde amasamos o noso boliño de pan, INVERNADOIRO onde plantamos unha semente e visitamos distintos tipos de aves. Toda unha gran experiencia! seguiremos durante esta quincena que nos queda traballando sobre os animais domésticos.
Música do vídeo: Pablo Díaz en Tic Tac





LEITUGAS BONITIÑAS





Xa prantamos as nosas leitugas de xeito totalemete ecolóxico, sen fertilizantes nin perticidas, únicamente lles botamos auga e lles falamos que disque lles gusta!



domingo, 4 de maio de 2014