mércores, 18 de marzo de 2015
¡ONTE PLANTO, HOXE TRASPLANTO!
Hoxe tocounos trasplantar fresas. En vilatrasna gústanos estar en contacto ca natureza, aprender mediante a manipulación e o xogo.
Primero observamos as plantas e puidemos comprobar que da flor blanca das fresas sae o froito.
A continuación, como xa fixéramos cas leitugas observamos as súas raíces.
¡Estas fresas xa necesitaban máis espazo para medrar!
Trasplantamos por turnos, de dous en dous una persona fai o burato e a outra mete a planta; por último regamos e agora a esperar polas fresas!
martes, 17 de marzo de 2015
¡A RECICLAR!
COMO XA SABEDES NA AULA DE 5 ANOS ESTAMOS MOI COMPROMETIDOS CO NOSO PLANETA, NA MEDIDA DAS NOSAS POSIBILIDADES, POR ISO RECICLAMOS O PAPEL E O CARTÓN QUE XA NON PRECISAMOS.
E XA DE PASO SALUDAMOS AOS NOSOS VECIÑOS DE CATRO PATAS...
¡O PERIXEL DE TÓDALAS SALSAS!
O pasado mércores plantamos perixel; tan habitual nas nosas cociñas que incluso ten un dito popular. Con todo e con eso algún vilatrasniñ@ non sabía qué cousa é o perixel, así que antes de nada os nenos e nenas que sí o sabían llo explicaron aos demais.
Unha vez que xa tiñamos todo claro puxémonos mans a obra:
| AS NOSAS MACETAS CON MATERIAL DE REFUGALLO |
| DECORÁMOLAS |
| ENCHÉMOLAS DE TERRA |
| ¡QUÉ PEQUENAS SON AS SEMENTES DO PERIXEL! |
| SEMENTAMOS CON MOITA PACIENCIA E AGARIMO |
¡¡¡AGORA SÓ NOS QUEDA ESPERAR!!!
martes, 10 de marzo de 2015
VISITA Á COCIÑA INDUSTRIAL DE VILARRODÍS
O pasado venres fomos á cociña industrial onde aprendemos a facer pizza. Gozamos moito nesta actividade xa que é unha aprendizaxe manipulativa que estimulou os nosos sentidos.
Mili e o seu equipo estiveron moi pendentes de nós e ensináronnos con moito agarimo.


O sábado 7 de marzo saímos no xornal A Opinión por mor desta visita.
Mili e o seu equipo estiveron moi pendentes de nós e ensináronnos con moito agarimo.
| LAVAMOS AS MANS |
| VOLCAMOS A FARIÑA |
| BEN PREPARADIÑ@S PARA TRABALLAR |
| CO DEDO FACEMOS UN BURATO NA FARIÑA |
| MILI CÓNTANOS QUÉ É A LEVADURA |
| BOTAMOS DENTRO DO BURATO UNHA MISTURA FEITA POR LEITE, AUGA E LEVADURA |
| AMASAMOS |
| APLANAMOS |
| METEMOS A NOSA MASA NO ENVASE |
| ENGADIMOS TOMATE, ORÉGANO,QUEIXO, XAMÓN E OLIVAS. |
| ¡TOD@S SOMOS COCIÑEIROS! |
| REPASAMOS O APRENDIDO E DAMOS AS GRAZAS POR ENSINARNOS...ATA PRONTO!!!! |
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)


