luns, 31 de marzo de 2014
PRIMAVERA RECICLADA
POLA CHEGADA DA NOVA ESTACIÓN DECIDIMOS DECORAR A AULA E QUÉ MELLOR XEITO QUE FACELO CON FLORES, TAN BONITAS E ALEGRES. SOUBEMOS QUE OS PEQUECHOS DE TRES ANDAN A FACER FLORES RECICLANDO CÁPSULAS DE CAFÉ E NÓS AS FIXEMOS RECICLANDO OS PAPEIS DAS MADALENAS. CON ESTA ACTIVIDADE TRABALLAMOS OS CÍRCULOS E O RECORTADO.
venres, 28 de marzo de 2014
FLORES DE CAFÉ
Coa chegada da primavera decidimos reciclar unhas cápsulas de café para facer estas bonitas flores que esperamos que vos gusten na casa. Mediante esta actividade traballamos as cores, o cadrado a motricidade fina e a reutilización de materiais.Que cariñas de concentración!
música a cargo de Magín Blanco. A Nena e o Grilo.
luns, 24 de marzo de 2014
VERMIÑO
Moitos de
nós temos xa 4 anos , e os que aínda non os cumprimos, sentímono igualmente
moi, moi maiores. Esto manifestámolo en
numerosas ocasións dicindo: SON MAIOR, QUERO FACER ESTO OU AQUELO EU
SÓ/SOIA!!!, tanto na casa como na escola.
Aproveitando
estas vivencias, e como estábamos traballando na aula a temática do corpo,
fixemos no taller con Beti o VERMIÑO DOS NOSOS ANOS. Serviunos para coñecer
merllor os números e o seu significado, e pintar como tanto nos gusta.
Que o
disfrutedes ,agora que o tedes na casa, buscádelle un lugar especial na nosa
habitación, como para todo o que facemos na escola!!!
Música de Pablo Díaz
martes, 18 de marzo de 2014
O NOSO PRIMER ABECEDARIO
Letras, letras e máis letras... dende que iniciaron a escolarización, case dende o principio comezamos a traballar cas letras.Inicialmente o traballo foi moi sinxelo, partindo das letras dos seus nomes e dos nomes dos compañeiros e compañeiras, pouco a pouco a cousa foise complicando e agora xa somos quen ata de facer un abecedario. Cando o teñamos rematado levarémolo para casa.
¡CHEGOU O TEMPO DE XOGAR CA AREA!
LEVÁBAMOS MOITO TEMPO QUERENDO XOGAR CA AREA PERO A CHOIVA NON O PERMITÍA, COS PRIMEIROS DÍAS DE SOL XA QUERÍAMOS COLLER CUBOS E PAS MAIS A AREA ESTABA AÍNDA MOLLADA PERO.....XA SECOU!!!!
domingo, 16 de marzo de 2014
GALLETAS
Nada mellor que motivarmos cunhas galletas!
200 gr. de fariña
75 gr. de azúcre moreno
125 gr. de mantequilla a temperatura ambiente.
5 gr. de azúcar avainillado (sen el tamén están ricas, nos non lle botamos)
pepitas de chocolate, lacasitos... para decorar.
mesturamos todo, damos forma de galleta, colocamos as pepitas de chocolate
e para o forno 12 min a 180ºC.
Buscamos a numeración no medidor, analizamos a orixe dos ingredientes
e disfrutamos cadaquén da súa galleta.
venres, 7 de marzo de 2014
¡VIVA A CHOQUEIRADA!
¡¡¡ASÍ CELEBRAMOS O ENTROIDO OS VILATRASN@S!!!
1.Posamos cos disfraces.
2.Gozamos co desfile na escola.
3.Paseamos pola vila.
4.Mmmm...¡merendola!
5.Xogamos libremente e cadanseu métese no papel do disfraz...piratas, demos, gatos....
ESTOS SON OS CINCO PASOS DUN ENTROIDO XENIAL :))
1.Posamos cos disfraces.
2.Gozamos co desfile na escola.
3.Paseamos pola vila.
4.Mmmm...¡merendola!
5.Xogamos libremente e cadanseu métese no papel do disfraz...piratas, demos, gatos....
ESTOS SON OS CINCO PASOS DUN ENTROIDO XENIAL :))
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)